• castellano
  • portugues
  • english
  • galego
  • Main menu:

    Envío de abstracts

    “Actualización 17 de Febreiro”

    Indicacións para a entrega de presentacións e pósteres:

    Todos os participantes no Seminario deberán pasar pola oficina técnica unha vez cheguen para recibir a documentación do XVSIQM.

    Para garantir o correcto desenvolvemento do Seminario é necesario que colaboren coa organización seguindo as pautas que se indican a continuación:

    - No salón de actos haberá un portátil, aportado pola organización, conectado ó proxector que será o empregado por tódolos conferenciantes para realizar as súas presentacións. Por este motivo deberá proporcionar a súa presentación (preferentemente en un arquivo PPT ou PDF) en un pendrive para depositala na oficina técnica antes de cada bloque de charlas e nos encargaremonos de cargala no portátil da sala. É dicir, se a súa presentación é o Martes pola mañá deberá entregala  o máis tardar o luns pola tarde. Se a súa presentación é o Martes despois da pausa do café pode entregala durante a pausa.

    - Se vai presentar un póster, no momento de recoller a documentación indicarémoslle o seu número de panel e entregarémoslle o material necesario para colgar o póster.

    ————————————————————————————————————————————————

    O seguinte documento adxunto contén a relación de resumos presentados ata o 13 de Novembro. Se observa algunha incorrección pode comunicárnolo mediante o formulario de contacto da web.

    O resumo debe cumprir as seguintes normas:

    1.- Os resumos presentaranse electrónicamente nun ficheiro (formatos válidos: PDF, DOC, ODT) co nome do primeiro autor da comunicación. No caso de que un mesmo autor presente varias comunicacións, identificaranse con distinto número (ex. MariaGarcia1.doc, MariaGarcia2.doc).
    2.- Os idiomas aceptados para presentar os resumos son español, portugués e inglés, así como para as comunicacións orais e pósteres.

    Así mesmo deberán respectar o formato seguinte:

    1.- Tipo de letra: Times New Roman
    2.- Tamaño: 12
    3.- Interlineado sinxelo
    4.- Extensión máxima do resumo: 2 páxinas
    6.- Título en maiúsculas e negrita
    7.- Indicar a dirección de correo electrónico do primeiro autor ou persoa de contacto
    8.- Para visualizar un exemplo do modelo de resumos, faga clic aquí

    Se a presentación é para póster, teña en conta para a súa elaboración, que o tamaño máximo do mesmo é de un A0 (84,1cm x 118,8cm) en formato vertical.