• castellano
  • portugues
  • english
  • galego
  • Main menu:

    Legado científico do Dr. Fraga

    Fernando Fraga

    FRAGA RODRÍGUEZ, Fernando

    Santiago de Compostela, 27.V.1922

    1946 Licenciado en Ciencias Químicas en 1946 na Universidade de Santiago con premio extraordinario.

    1949 Doctorado en Ciencias Químicas pola Universidade de Madrid.

    1950 Profesor de Química Orgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Compostela.

    1953 Científico Titular no Instituto de Investigaciones Marinas do CSIC.

    Curriculum Fernando Fraga

    Hitos

    50’: Bioquímica del mexillón
    60’: Nitróxeno nos Océanos
    70’: Oceanografía: dinámica e masas de auga
    80’: Circulación e hidrografía das Rías e costa Galega
    90’: Estequiometría da fotosíntese e mineralización

    Distincións

    - Membro numerario da Real Academia Galega de Ciencias (1987).
    - Medalla de Galicia (1992).
    - Primer Premio Iberoamericano en Ciencias Marinas (1999).
    - Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico Técnica (1999).
    - Homenaxe da Euroconferencia 2000 “Water and Life” da Comunidade Europea.

    Bioquímica do mexillón arriba

    bioquimica_mejillonOs traballos deste periodo poñen de manifesto, como conxunto, un esforzo de transferencia á bioloxía mariña de enfoques nos que este ámbito era daquela –aínda hoxe– deficitario, e que un investigador formado na química orgánica e atento ás suas conexións coas áreas viciñas detectou con agudeza.

    Por unha parte, Fraga introduce consideracións estequiométricas esenciais (crús balanzos de elementos) na discusión dos sistemas de cultivo e as redes tróficas. Pero tamén é consciente da necesidade doutros niveis descriptivos, emprendendo así plans de traballo que fraccionan organismos en familias e especies moleculares que se identifican e cuantifican con rigor, na tradición típica da investigación dos endemismos vexetais con potencial farmacolóxico. E cabe supoñer que é precisamente da relación entre a química orgánica e a fisioloxía da época de onde procede a transferencia aos sistemas mariños dos modelos compartimentais –de caixas, como se di hoxe para eludir a mención da súa orixe– que se usaban dende había tempo no que se chamaba fisioloxía química para describir a distribución de fármacos entre os diferentes tecidos ou compartimentos orgánicos das entidades biolóxicas. Finalmente, inicia asimesmo o interese pola depuración valorizadora dos residuos xerados no procesamento dos recursos mariños. Escolle as augas de cocción do mexilón –o animal totémico do litoral galego– e, aínda centrándose na recuperación directa do seu contido proteico, que era o tópico preferente do tempo, percibe claramente que o seu contido en glicóxeno pode dar paso a opcións microbiolóxicas máis ricas.

    Publicacións destacadas

    - FRAGA, F. Average seasonal variation of chemical constituents of the mussel (M. edulis). Rapp. et proc.Verb.Cons.Intern.Explor.Mer, 140 III: 34. 1956.

    - FRAGA, F. “L’utilisation possible de l’eau de cuisson des moules”, Proc. gen. Fish. Count.Medit., 7, 325-327. 1963.

    - FRAGA, F. Métodos de determinación del glucógeno y variaciones periódicas del mismo en el mejillón de la Ría de Vigo. II. Productividad del mar y explotación pesquera: 98-99. 1955.

    - FRAGA, F. Determinación de glucógeno en moluscos con reactivo de antrona. Inv.Pesq., 3: 69-74. 1956.

    - FRAGA, F. Variación estacional de la composición química del mejillón (Mytilus edulis). I. Inv.Pesq., 4: 109-125. 1956.

    Nitróxeno nos Océanos arriba

    imagen-2O mexillón é un organismo planctofago e detritofago. Despois dos seus traballos sobre a composición bioquímica do mexillón, inicia a análise de nitróxeno en fase particulada e disolta en auga de mar representando un tremendo esforzo de pulcritude analítica (Fraga, 1959). Os seus primeiros estudos cínguense á Ría de Vigo tanto na variabilidade estacional de nitróxeno orgánico particulado coma disolto. Enseguida chama a sua atención a presencia de concentracións moi constantes de nitróxeno orgánico disolto. Inda que en baixas concentracións estas son perceptibles as súas habilidades técnicas co método Kjeldal. Caracteriza este nitróxeno orgánico coma unha facción inerte no ciclo do nitróxeno en auga de mar.

    A súa finura analítica e a súa sutileza no estudo do ciclo do nitróxeno son recoñecidas rápidamente a nivel internacional. En 1963 foi convidado pola National Science Foundation dos EEUU a participar na “Expedición Internacional ao Océano Indico” entre o 25 Setembro e 8 Novembro, a bordo do buque de investigación norteamericano “Anton Bruun”, formando parte do equipo científico da Woods Hole Oceanographic Institution. Os seus resultados foron rapidamente publicados na xove revista Deep-Sea Research.

    - FRAGA, F. Determinación de nitrógeno orgánico suspendido y disuelto en el agua de mar. Inv.Pesq., 14: 121-127. 1959.

    - FRAGA, F. Variación estacional de la materia orgánica suspendida y disuelta en la Ría de Vigo. Influencia de la luz y la temperatura. Inv.Pesq., 17: 127-140. 1960.

    - FRAGA, F. La materia orgánica nitrogenada inerte disuelta en el agua de mar. IV Reunión sobre Productividad y Pesquerías. Barcelona, págs. 29-31. 1960.

    - FRAGA, F. Distribution of particulate and dissolved nitrogen in the Western Indian Ocean, Deep-Sea Research, 13, 413-425. 1966.

    - FRAGA, F. y A.BALLESTER. Distribución vertical del nitrógeno orgánico e inorgánico en la fosa del Cariaco y su relación con el fósforo total. Memorias de la Sociedad de Ciencias Naturales La Salle, 26 (75): 274-282. Venezuela. 1966.

    - FRAGA, F. y F.VIVES. Variación estacional de la materia orgánica nitrogenada en la ría de Vigo. Inv. Pesq., 20: 65-71. 1961.

    Oceanografía: dinámica e masas de agua arriba

    Nos inicios dos 70 desenvólvese un programa coordinado internacionalmente sobre o estudo das áreas de afloramento en relación á produción pesquera. O bagaxe científico do Dr. Fraga na química oceanográfica situao á fronte de numerosas expedicións científicas na rexión do NO de África. Nembargantes, respaldado polo estudo pormenorizado dos fundamentos da Oceanografía (Sverdrup et al, 1942), indaga na dinámica das masas de auga que sustenta os altos índices de produción primaria no afloramento norte africano e no afloramento costeiro de Galicia. Os seus traballos sobre a caracterización de masas de auga e a rexeneración de nutrintes na capa subsuperficial nas rexións de afloramento son referentes actuales.

    Destaca neste periodo a súa publicación aplicando un modelo inverso de masas de auga para determinar a distribución das distintas compoñentes das Augas Centrais frente a Cabo Blanco (Mauritania). Estas masas de auga son as responsables dos altos niveis de fertilización do banco pesqueiro norte africano. Posteriormente en 1977 dirixe a primeira campaña (Galicia-IV) de carácter pluridisciplinar na zona de Galicia, onde reúne os mellores expertos españois no estudo da química e bioloxía mariña incluindo tamén expertos en contaminación mariña. De feito nos boletíns científicos da época a Campaña Galicia-IV denominábase ‘A Campaña Oceanográfica’. Esta campaña foi tremendamente prolífica en artigos científicos destacando a publicación na American Geophysical Union onde o Dr. Fraga describe o frente de masas de auga presente na zona de Finisterre que máis adiante foi denominado o ‘frente de Fraga’ en ámbitos internacionais. Nesta publicación Fraga analiza por primeira vez o enriquecemento de nutrintes que se produce na capa de auga profunda próxima á plataforma e que fertiliza as Rías. Este proceso de recirculación xera unha fonte extra de nutrintes que soportan a alta actividade sintética das Rías e zonas interiores da plataforma galega. Este proceso foi retomado posteriormente en multitude de textos.

    Finalmente, nun novo marco de estudo sobre cambio climático, a Galicia-IV representa a primeira campaña na que se rexistraron datos de pH e alcalinidade permitindo dispoñer de un rexistro de máis de 30 anos de datos sobre o proceso de acidificación nas costas galegas.

    mapa2Esquema manuscrito do Dr. Fraga sobre o frente oceánico na rexión de Fisiterra. O esquema foi realizado en decembro de 1980 e comunicado por carta á Dra. Marta Estrada. Nel se describe o encontro de dúas masas de auga de orixe subpolar e subtropical. Fraga describeo así:

    “No mes de Febreiro o enfriamento de auga superficial chega a facer esta máis densa que o NACW sobre todo en A onde o NACW que sustitúe á da superficie máis densa, enfríase de novo e é sustituida a súa vez por nova auga producíndose unha mezcla uniforme que alcanza unha gran profundidade ata a isoterma de 11.3ºC sin necesidade de tormentas que fagan un mezclado mecánico. Ó sur, en B so chega ata a isoterma de 13.4ºC. No mes de Xaneiro hai medidas directas de velocidade de corrente que indica que o NACW circula na dirección indicada e non cara o sur. A velocidade da corrente é de uns 4cm/s co cal a auga que se atopa tres meses máis tarde na zona de contacto, procederá de B. Este esquema explica dun modo satisfactorio a aparición dunha fronteira no verán e as características de cada corpo de agua. En outono esta estructura queda case borrada, que é o caso da campaña Galicia IV”

    O esquema do frente de ‘Fraga’ como se veu chamando despois pola comunidade científica tivo posteriores confirmacions en traballos como o de Rios et al. (1992) con el altamente citado por toda a comunidade oceanográfica.

    Circulación e hidrografía das Rías e costa Galega arriba

    portadaAs Rías sempre representaron un laboratorio de fácil acceso. Inda que os seus estudos sobre a hidrografía e ciclo do nitróxeno remóntanse a varias décadas antes, é durante os 80 cando se xera unha explosión de campañas, e artígos sobre a circulación e productividade das Rías. A chegada da democracia e a descentralización do Instituto de Investigaciones Marinas e os inicios da creación da Facultade de Ciencia do Mar xeran un sinfín de oportunidades. Sen embargo os fundamentos sobre a oceanografía das Rías e a súa productividade foran creados por Fraga e os seus coetáneos. É de resaltar que as primeiras medidas sistemáticas de correntes e producción primaria que foron realizadas entre 1973 y 1975 na Ría débense ó Dr. Fraga.

    Tamén débense ó Dr. Fraga as primeras medidas do pH en auga de mar cando inda non se puxeran de moda os termos de cambio climático, acidificación e carbono antropoxénico. Sempre mantivo unha certa distancia ou moderación respecto os estudos sobre o impacto do incremento de CO2 na atmosfera, sen que eso fose en detrimento da súa inequívoca vocación por escudriñar na complexidade da termodinámica dos equilibrios iónicos en auga de mar e así considerou este tema de tese o seu primeiro doctorando (1985). O seu afán por ampliar as capacidades de compresión da síntese da materia orgánica marina o que lle move a mellorar a determinación do sistema do carbónico en auga de mar e así poder xogar co elemento ‘C’ nos balances.

    Ademáis, hai un feito singular, primordial e destacable que lle permite afrontar esta faceta: a súa paciencia e habilidade con as novas tecnoloxías. A pesares de estar próximo á súa xubilación. Desde os inicios dos 80, foi pioneiro e membro destacado entre os seus colegas no uso das novas tecnoloxías mostrando una alta habilidade para ‘exprimir’ ó máximo as súas capacidades. Non deixa de ser sorprendente que actualmente se manexe en MATLAB con unha atrevida maestría.

    - FRAGA, F. y R. MARGALEF. Las rías gallegas. pág. 101-121 en Estudio y Explotación del Mar en Galicia. 484 págs. Ed. Universidad de Santiago de Compostela. 1979.

    - FRAGA, F. As rías en As augas de Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1996.

    - MOURIÑO, C. , F. FRAGA y F.FERNANDEZ PEREZ. Hidrografía de la Ría de Vigo. 1979-1980. Cuadernos da Area de Ciencias Mariñas. Seminario de Estudios Galegos vol. 1: 91-103. 1984.

    - FRAGA, F. Variación lunar de la temperatura del mar. Inv. Pesq., 33: 163-177. 1969.

    - FRAGA, F. Fotosíntesis en la ría de Vigo. Inv. Pesq., 40: 151-157. 1976.

    - FRAGA, F. El afloramiento costero en la costa atlántica de la península Ibérica. Rev. Academia Galega de Ciencias, 10: 144-152. 1991.

    Estequiometria da fotosíntese e mineralización arriba

    Durante os 90 despois da súa xubilación, desenvolve o seu máximo potencial científico volvendo de algunha maneira as súas orixes sen deixar a un lado a oceanografía sobre a que subxacen os seus traballos. Modelar a síntese da materia orgánica no ecosistema costeiro e a descomposición da mesma en zonas profundas do océano, representa un reto que él trata de acotar en base ós seus coñecementos da composición elemental das familias e especies moleculares, que conforman a bioquímica do plancton. Esto levaralle a revisar os plantexamentos sobre relacións constantes no consumo e xeración de nutrintes, CO2 e oxígeno durante a síntese e/ou a mineralización, e incluso utiliza a variabilidade destas relacións para evaluar a alteración sobre esta constancia que xeran os organismos vivos.

    - FRAGA, F., F.F.PEREZ, F.G.FIGUEIRAS y A.F.RIOS. Stoichiometric variations of N, P, C and O2 during a Gymnodinium catenatun red tide and their interpretation. Mar. Ecol. Prog. Ser., 87: 123-134. 1992.

    - FRAGA, F., A.F.RIOS, F.F.PEREZ, M.ESTRADA, C.MARRASE. Effect of upwelling pulses on excess carbohydrates synthesis as deduced from nutrient, carbon dioxide and oxygen profiles. Mar.Ecol.Prog.Ser. 189: 63-75. 1999.

    - FRAGA, F. Phytoplanctonic biomas synthesis: application to deviations from Redfield stoichiometry. Págs. 153-169, en A marine science odyssey into the 21st century. Editores Gili, Pretus & Packard, Sciencia Marina, Barcelona. 2001.

    - FRAGA, F., A.F.RIOS, F.F.PEREZ y F.G.FIGUEIRAS. Theoretical limits of oxygen:carbon and oxygen:nitrogen ratios during photosynthesis and mineralisation of organic matter in the sea. Sci.Mar. 62(1-2):161-168. 1998.

    - RIOS,A.F., F.FRAGA, F.G.FIGUEIRAS y F.F.PEREZ. A modeling approach to the Redfield ratio deviations in the ocean. Sci.Mar. 62(1-2):169-176. 1998.